|
|
 |
Programa A.M.I.E
|
 |
 |
DEFINICIÓN
Este programa aparece no marco do establecemento en rede de tres organizacións en Europa (Francia, España, Portugal) que fixaron como obxectivo intercambiar e producir coñecementos sobre cuestións de educación, de participación de pais e cidadáns implicados no desenvolvemento dos territorios rurais debilitados.
Dadas as reflexións que se producen nestas organizacións, víuse importante permitir a súa traducción en competencias e no enriquecemento dos propios actores implicados neses territorios rurais.
Por eso, o obxectivo deste programa consiste en formar a tódolos implicados (pais, habitantes, profesionais da infancia, socio-profesionais, autoridades locais, técnicos dos concellos), actuando nos territorios rurais.
Para o efecto, as formacións apoianse na aprendizaxe e na adquisición:
- de prácticas de terreo e de experimentación a través de visitas e estancias
-de aportacións teóricas e metodolóxicas por vía de seminarios, forums e publicacións.
A base deste programa é a súa dimensión colectiva: intercambios nun mesmo país e cos outros países, e con actores de diferentes niveis, co fin de intercambiar sobre estes métodos e prácticas.
Os diferentes actores son:
- Os pais que reforzan as súas capacidades ó carón dos seus fillos e que se volven responsables asociativos de servicios á infancia creando así dinámicas nos territorios rurais
- Os profesionais (educadores, profesores e técnicos municipais) que reforzan as súas competencias profesionais e a súa capacidade de encadrar e animar grupos de nenos e pais e de crear lazos co medio ambiente local.
- Os axentes de desenvolvemento, coordinadores e animadores locais que movilizan a pais e cidadáns e os poñen en relación para motivalos e capacitalos para iniciar proxectos e para asumir a responsabilidade de seu funcionamento a longo plazo.
Este programa está baixo o auspicio da Fundación Bernard van Leer de Holanda e está acollido ó Programa Europeo Sócrates (Grundtvig 2 Asociaciones de Aprendizaje)
INTRODUCCIÓN
I A CRISE DO MUNDO RURAL 1. Problemática xeral do mundo rural
O mundo rural en Europa occidental coñece despois dun século unha forte despoboación debido á industralización e a aceleración na masificación das cidades. Os modelos de desenvolvemento, as estratexias están pensadas para a cidade, que é o espacio de referencia. Por iso, non son homoxéneas, cada sociedade micro-local retén modos de vida, particularidades que lle son propias. Hoxe en día perfilanse dúas grandes tendencias en termos de evolución no mundo rural:
- Os que teñen unha recuperación demográfica. Son espacios de comunicación e peri-urbanos. Caracterízanse por un crecemento forte ou relativo convertindose en espacios residenciais e non de producción . Sitúanse na periferia das grandes cidades e vales fluviais, ó longo das grandes vias de comunicacón. Atraen a población urbana na busqueda dun modo de vida agradable, dun hábitat individual lonxe do estrés e das vicisitudes das grandes cidades.
- Os que coñecen un proceso de disminución ligado a unha non renovación da poboaciòn. Estas zonas teñen unha piramide de idade invertida: hai máis persoas maiores que mozos de menos de 20 anos. Sitúanse en espacios pechados, alonxados das grandes vías de comunicación e teñen unha economía basicamente agrícola.
- En Francia, representa un tercio das zona rurais, e sitúanse sobre a grande diagonal valeira que parte das zonas máis chas do noreste e atravesa Francia ata os Pirineos.
- En Portugal, as zonas rurais representan máis do 75% das comunidades do país. Mesmo no litoral onde se concentra a poboación, existen grandes zonas afectadas pola desertificación e o envellecemento dos habitantes. O turismo, orientado sobre todo cara o litoral atlántico, acentuou este proceso.
- En Galicia, situada ó noroeste de España. Fóra do que son as zonas litorais que teñén un certo atractivo turístico, as zonas do centro atópanse en forte depresión.
2. Particularidades
O mundo rural europeo ten similitudes en termos de fraxilización que convén ter en conta para intentar abarcar e aportar respostas. Podemos citar :
- Non visibilidade
- Contrariamente ó mundo urbán, onde a masificación, a creación de guetos de poboación en situación de exclusión xenera comportamentos de violencia que son flagrantes, no medio rural a desertización, o aillamento, o desmembramento non deixa ver esta exclusión, é o desmoroamento cultural. Debilítase, pechase, non é visible polos centros de decisión, polo exterior.
- Conflictividade
- O mundo rural sufre de frente esta crise, atopanse confrontado situacións conflictivas opostas, podemos dar algúns exemplos :
- Modelo urbán / modelo rural: A mezcla da poboación, a que é de orixe e os que veñen do exterior leva consigo presentacións diferentes que conflúen sobre un mesmo territorio: os que teñen un modo de vida urbán (modelo dominante) e os que son do mundo rural máis tradicional.
- Microsociedades de intereses diverxentes: o mundo rural defínese por un espacio de pequena talla e de intercoñecemento. Cada microsociedade afirma os seus intereses, as súas prerrogativas pois o espacio local xa non forma unha sociedade global, de complementariedade. Nos, podemos citar por exemplo algunhas destas oposicións : cazadores / ecoloxistas; campesinos / funcionarios.
- Europa e o localismo afirmado: Ó pertencer ó territorio crea a identidade tradicional local mentres que Europa proxéctase a outra escala.
- Accesibilidade (concentración e rentabilidade) / sociabilidade (lazo social): Existe a tendencia a non pensar máis que nun modelo de desenvolvemento esóxeno negando o desenvolvemento rural micro-local. Os perímetros de intervención están sinalados a escalas de talla económica e non a escala humán. Ademáis, a débil densidade da poboación rural obriga a voltar a pensar os pasos de rentabilidade, de eficacia que son copiados dos modelos urbáns. A tendencia actual tende a unha concentración por razóns económicas e de eficacia: saúde, educación, servicios de proximidade, tenden a estar concentrados. A lóxica da eficacia non ten en conta o progreso, o humán; por iso é que as cidades valeiranse da súa sustancia e desaparece o lazo social, a proximidade.
- Periferia / lóxica de centralidade: o espacio rural sitúase na periferia, as sociedades constrúense coas lóxicas do centralismo. Existe un desequilibrio permanente entre o centro e a periferia. É o triunfo do modelo dominante de consumo (coca, televisión) máis que a invención da forma de vida do mundo rural. Esta situación pode ter consecuencias de peso que poden xenerar:
- Xa sea unha absorción cara o centralismo cunha disolución de identidade e de particularismos.
- Xa sexa unha tendencia á cerrazón e o replegarse que poden acentuarse cara comportamentos de localismo exacerbado (nacionalismo, integrismo).
- Crise de identidade: a crise do mundo rural ten máis de cincuenta anos (industrialización, emigración masiva, disminución da actividade agrícola) ; a crise do mundo rural ten vinte anos. A invención, a creatividade están sen embargo aí, pero a menudo non percibidos polos centros de decisión. Non son valorados nin mediatizados, o que fai que os habitantes do mundo rural se sintan esquecidos e con moitas carencias. A constante perda demográfica que sufriron dalles unha imaxe negativa deles mesmos: non teñen valor cando deixan partir ós seus fillos... Por outra parte, a economía agrícola que forma a identidade do mundo rural hoxe en día é residual, as poboacións teñen que atopar unha nova identidade que teñen que reconstruir frecuentemente en oposición á cidade onde se transportan os modelos urbáns ó medio rural, esto pode provocar reaccións de rechazo da poboación autóctona. De feito, esta economía non é soamente residual pero sí intersticial, subsiste no medio de actividades organizadas a partir do centro e dependentes, están encuadradas e controladas por un mercado e un crédito exógenos. De feito, no caso de Portugal e tamén en grande medida o español, o gran vacío causado pola emigración que atentou ós dous paises, contribuiu a esta visión desvalorizada deles mesmos e das pontecialidades do mundo rural. Os aforros de moitos emigrantes son particularmente visibles pola construcción de casas no seu país e polos signos de riqueza extendidos por algúns (en vacacións ou para reinstalarse) frente as poboacións que voltan o seu país. Isto reforzado pola idea de que o futuro está noutra parte
3. O neno no medio rural
As poboacións máis afectadas por esta crise son os nenos e as persoas maiores. En efecto, a poboación está envellecendo, as novas familias vanse. Hoxe en día a poboación rural ten unha tasa de fecundidade máis baixa que na cidade. Os mozos vanse cara a cidade para estudiar (colexios, institutos, niveis superiores) ou na busca dun traballo mellor pagado e poucos voltan ó campo. Así, son os mozos e os nenos os que constrúen o futuro dun pobo. Como invertir esta espiral de despoboación que sufren certos territorios?.
Esta reducción no número de nenos nos pobos arrastra un aillamento dos nenos, non teñen iguais con quen compartir, con quen se socializar. Ademáis nos vemos que os servicios están a maior parte no exterior, agrupamentos de escolas nos barrios centrais, poucos servicios colectivos para os nenos. É polo atractivo destes servicios que se mantén ou atraen ás novas familias.
Finalmente, as familias rurais atópanse desprovistas frente ó futuro dos seus pobos. Empuxan ós nenos a partir, constátase un deterioro das transmisións intrafamiliares e unha debilitación dos marcos de referencia debido ás influencias que veñen do exterior (internet, televisión) e non locais.
|
 |
|
II RESPOSTAS DESENVOLTAS POLOS TRES PROGRAMAS
Cada un dos tres programas (Acepp, ICE, Preescolar na Casa) experimentou, desenvolveu respostas a esta crise, intervindo na educación, a participación das familias e o desenvolvemento local. Máis está claro que estes procesos deben ser continuados, permanentes, porque se non se seguen, no seu desenvolvemento, debilítanse, son absorbidos polo centralismo (lóxico da periferia). O desenvolvemento das periferias faise sempre no cadro dun proceso alternativo que non anule as condicións sociais de partida, económicas e culturais que enxendran os fenómenos de periferización. Polo que non se poden prohibir as adquisicións máis que continuando, profundizando e transformando, o que as fixo posible. Os éxitos nos procesos de desenvolvemento alternativo son sempre precarios. É indispensable permitir a continuación das accións, da reflexión e da comunicación.
1. Frente á crise do mundo rural
Estas redes uníronse para reinventar en zonas rurais unha forma de vida, volvendo estos territorios atractivos para eles mesmos e para o exterior apoiándose nos pais, na comunidade educativa como actores da vida local.
O conxunto de accións iniciadas por estes programas atópanse ó redor destas orientacións:
- Recoñecer a importancia do nivel local non só considerado como un territorio físico senón tamén como un campo de reestructuración social e de reproducción de identidade individual e colectiva.
- Considerar a educación como unha dimensión fundamental de desenvolvemento local no que os servicios á infancia, á escola son chamados a xogar un papel decisivo para facer frente ás problemáticas de illamento, de exclusión social
- Afirmar a importancia extratéxica da diversidade, da heteroxeneidade e das pequenas estructuras abertas, sobre o entorno local social.
- Recoñecer o valor da comunicación como base esencial para concretizar a construcción dunha Europa de rexións de pequenas comunidades e de cidadáns.
- Identificar o mundo rural con capacidade de crear novas prácticas educativas e sociais susceptibles de fundar un concepto da cidadanía alternativo á mundialización.
Estas redes únense para crear procesos integrados con tres niveis de intervención: pais-escolas-comunidades. As interaccións entre os diferentes niveis apóianse na autonomía, na cidadanía e na posta en rede.
2. Frente a problemática dos nenos
Cada un destes grupos ten, despois de moitos anos, unha posta en marcha experimentada de novas formas de organización para os nenos e os seus pais. Consiste na intervención ó redor das capacidades educativas dos pais e da comunidade que eles constrúen os proxectos educativos e culturais fontes de innovación e calidade de vida local.
Os obxetivos que estes programas desenvolveron son:
- Unirse para construir e valorizar unha pedagoxía específica para os nenos do mundo rural: pequenas unidades pedagóxicas, unidas o entorno e o seu potencial humano e patrimonial tendo en conta a cultura (Acepp, ICE, Preescolar na Casa)
- Acompañar ós pais na súa función educativa co fin de reforzar as súas capacidades e darlles as condicións duha transmisión cultural e educativa (Preescolar na Casa, Acepp, ICE)
- Facer posible servicios de calidade para os nenos desviando os pasos de rentabilidade gracias a creación de pequenas unidades de servicios alternativos: mezcla de servicios, itinerancia, polivalencia, intergeneración... (Acepp, Preescolar na Casa, ICE)
- Formar ós pais para que formen parte de iniciativas colectivas (Acepp, Preescolar na Casa, ICE)
- Poñer en rede ós pais, ás iniciativas, ás escolas (ICE, Acepp, Preescolar na Casa): rompendo o illamento e a fragmentación.
- Traballar sobre o desenvolvemento da persoa (Preescolar na Casa).
- Asociar a tódolos niveis, as institucións (administracións) e facerlles recoñecer o lugar dos pais, actores e cidadáns (ICE, ACEPP).
- Ter recursos para crear vida no pobo (educación familiar, pedagoxía rural para as escolas das aforas, comunidades educativas para os barrios) (Acepp, ICE, Preescolar na Casa)
- Acompañar, asumir a responsabiliade do entorno social, da clase rural como un lugar de acollida da pequena infancia. (Acepp, ICE).
- Promover ás comunidades educativas sobre o territorio (ICE), constituidos e consolidados ó redor de proxectos de desenvolvemento alternativo.
- Aproximación global e comunitaria ó redor do neno e dos pais (ICE, Preescolar na Casa, Acepp).
|
|
|
III POR QUE ESTOS TRES PROGRAMAS
1. Historia dunha colaboración
En 1989, o ministerio de educación nacional francés pechou as escolas únicas no medio rural, seguindo un informe do ministerio que presentaba estas estructuras coma lugares obsoletos. Frente esta decisisón, os ensinantes movilízanse e constituen unha rede, os centros de búsqueda de pequenas estructuras e da comunicación, CREPSC co fin de coñecer mellor a pedagoxía desenvolta en moitas escolas unitarias, especialmente por medio de publicacións e dunha rede telemática.
Políticos, pais, ensinantes, movilízanse, en unión cos CREPSC, e fundan a Federacion Nacional de Defensa e de Promoción da Escola Rural, FNDPER.
A Gicepp, antena rexional de lAcepp, no marco dunha acción de desenvolvemento social motiva ós pais para a volta da escola, achégase a estas dúas organizacións e instaura unha colaboración.
Un pouco antes, no 1987 comeza a xurdir, en Portugal, intervencións no medio rural desenvoltas no campo da educación. a partir do proxecto ECO (proxecto financiado pola fundación Bernard van Leer) e da red de Pôles do departamento de Setúbal. As problemáticas da educación no medio rural e a defensa da escola estaban xa na orixe, en 1990 do Proxecto Escolas Rurais, que pon en marcha iniciativas de defensa e promoción da escola do pobo que será a base da constitución do ICE, no 1992.
Finalmente no 1977 un programa de intervención, Preescolar na Casa, tomou corpo en Galicia como proxecto de desenvolvemento educativo de familias e de nenos no medio rural.
No 1994, os CREPSC, o ICE e outras estructuras como os MRP Movementos de renovación pedagóxica de Cataluña, establecen lazos de cooperación creando un movemento ó redor da defensa da educación europea de proximidade. Acepp e Preescolar na Casa asócianse. Un movemento informal europeo créase. Encontros e numerosos intercambios tiveron lugar facendo unha cultura común ó redor de temas como a educación, a infancia, o desenvolvemento local e o medio rural. Efectuouse un traballo ó redor da escritura de estaturos co fin de formalizar esta rede. Así, no 1997 en Barcelona, ADELE, a federación europea de defensa da escola de proximidade, víu o día.
No 2001, ADELE, a falta de medios para asegurar un secretariado convertíuse en Resilianca, unha rede de cambios informales : plataforma solidaria europea para activar unha asociación para o desenvolvemento educativo local na Europa.
2. Grupos que son recoñecidos pola súa capacidade de iniciativa e participación
Cada organización aporta as súas especificidades :
LAcepp na Francia :
Movemento parental educativo e cidadán que se compromete a: recoñecemento dos pais como primeiros educadores dos nenos, colaboración pais/profesionais, calidade na acollida e despertar dos nenos, desenvolvemento de iniciativas colectivas parentales abertas a todos, respetando as diferencias.
A Acepp, agrupa aproximadamente un milleiro de iniciativas locais, servicios de proximidade para os nenos dos que a metade son no medio rural. Os pais implicados nos servicios a infancia, tecen lazos de solidariedade meténdose na vida do pobo.
No medio rural, a creación de lugares de acollida para os nenos é un signo de vitalidade, a escola non pecha e mesmo se abre a máis. Esto incita, por exemplo, a que as novas familias se instalen e repensen o hábitat e a evolución da súa comunidade.
Por iso a Acepp, a partir de 1990, inicia operacións de desenvolvemento local sobre os territorios rurais máis débiles co fin de construir coas familias un espacio de vida social ó redor da socialización do neno, de transmisión da cultura e dos lazos que unen cada un ó seu país. O obxectivo destas accións é dobre: favorecer as inciativas de proximidade, garderías, bibliotecas, ludotecas, acondicionamento de espacios, apoio escolar, lugares de encontros pais-nenos, lugares de recursos para os habitantes, acontecementos artísticos, etc. e reforzar a cohesión social. Estas accións movilizan ós pais e máis a longo prazo ó conxunto de habitantes que desexan facer vivir ó seu pobo.
Trátase dun desenvolvemento ascendente asumido dinámicamente polos habitantes que se sinten dentro da vida local e que se reapropian colectivamente dunha parte do seu destino común.
É a experiencia la crèche parental quen deu a Acepp o sentido da participación e lle fixo comprender os mecanismos polos que cada quen pode estar asociado á vida e á organización dun proxecto no seu espacio de vida.
ICE en Portugal :
Constituido como un espacio e unha estructura de sostemento a un conxunto de proxectos e iniciativas desenvoltas no ámbito da acción educativa, en varios puntos do pais, co apoio de escolas de formación de ensinantes de universidades, de municipalidades e de asociacións de desenvolvemento, o ICE asumíu e tomou a forma dun movemento de cidadanía a favor do local.
Comprometéndose coas escolas, cos espacios educativos e sociais que sosteñen ás persoas maiores, os mozos e os nenos, o ICE creou, en particular no mundo rural, unha rede de procesos locais, de animación cultural, educativos e mesmo económicos onde os nenos interveñen tamén como suxeitos de desenvolvemento a través de relacións con grupos de outras xeracións.
No ámbito local, a cotío, baixo a impulsión das escolas, déronselle vida a iniciativas (talleres de tempo libre, centros de día para os máis maiores, espacios de ocio, cantinas, museos, encontros pedagóxicos que respostan a expectativas identificadas coas persoas da comunidade e que tenden progresivamente a aproximar á xestión, pero tamén a concepción e a promoción de novas iniciativas.
E traballando en rede e cooperación de forma permanente e continuada a nivel rexional, os distintos proxectos teñen éxito ó implicarse en numerosas localidades, municipalidades, centros de saúde e outros servicios locais do Estado.
A intervención do ICE exténdese a 85 municipalidades do norte ó sur do país.
Preescolar na Casa en Galicia (España) :
Preescolar na Casa é un programa educativo concebido para contribuír a formación de pais e outros membros da familia.
O seu obxectivo é crear unha atmósfera educativa que favoreza o pleno desenvolvemento dos nenos e das nenas a través da reflexión sobre a vida cotiá.
Iniciouse no 1977, no seno de Cáritas de Galicia, coa intención de cubrir as carencias e as dificultades de preescolarización dos nenos do medio rural.
Esa progresión seguiu medrando ata hoxe en día, o que lle obrigou a adquirir unha personalidade xurídica propia para manter a evolución deste programa. Por iso no 2001 créase a fundación Preescolar na Casa.
Preescolar na Casa sostén que os pais teñen unha tarefa moi importante que deben asumir na súa vida, e pola que paradóxicamente non se esixe preparación: a educación dos seus fillos. A súa formación, en consecuencia implica unha necesidade cada vez máis sentida polas novas familias e co paso do tempo, cada vez máis indispensable.
Ó longo dos primeiros anos nin a escola, nin a televisión, nin ningún outro elemento inflúen sobre a educación nin son tan importantes como os pais (a familia) e a casa. Os dous constitúen respectivamente os axentes e espacios educativos por excelencia tendo a referencia de seguridade e afectividade onde os nenos pasan a maior parte do tempo, o mesmo que o medio onde habitan.
Preescolar na Casa traballa para que as familias sexan conscientes do seu papel reflexionando sobre o que eles están a facer, axudándolles a descubrir outras formas de acción que poidan promover o desenvolvemento integral e harmonioso dos seus nenos; todo isto empregando o espacio natural, os materiais do entorno e a súa propia vida practicando o cotidiano.
Por isto Preescolar na Casa proponse reencontrar as familias no seu propio medio co obxectivo de valorizar pedagóxicamente o seu espacio de vida, o seu contexto, e o mesmo tempo respostar de maneira acertada as súas propias necesidades. Para isto, conta con diversos medios: unha reunión cada quince días cas familias, material adaptado, biblioteca, ludoteca, unha revista bimensual, páxina web e programas de radio e televisión.
3. Intereses recíprocos
O conxunto de iniciativas ó redor do neno e dos pais levado a cabo polos tres grupos intentan transformar as tendencias de debilitación, illamento, pérdida de identidade de hoxe en día das zonas rurais. Os tres grupos teñen en común a participación da familia e da comunidade local no desenvolvemento educativo e social do neno.
Pero cada un desenvólvese nun ángulo particular que é complementario cos outros:
- Preescolar na Casa: parte do neno, na familia para animar cos pais á comunidade dese pobo.
- Acepp, favorece a creación de iniciativas colectivas parentales para respostar ás diferentes necesidades dos nenos e dos seus pais, incentivo de desenvolvemento local.
- ICE, promove as comunidades educativas ben sexa a partir da escola ben sexa a partir das familias (o neno inserto na familia) ben sexa a partir das redes de estructura nos dominios culturais, sociais e educativos.
E mutualizando, compartindo e valorizando os saberes e o saber facer obteremos un efecto multiplicador dos procesos de revitalización destas zonas de depresión.
Mais estas accións son illadas e aínda embrionarias, polo que é necesario apoiar a reflexión, producir coñecemento e comunicarse amplia e principalmente nun marco europeo.
|
|
|
I OBXECTIVOS E PRINCIPIOS METODOLÓXICOS
- Finalidade
- Producir, sistematizar e compartir coñecementos sobre a intervención no medio rural.
- Ter en conta a realidade dos nenos e dos seus pais no medio rural e as súas perspectivas de futuro, divulgalas e compartilas co exterior.
- Objectivos xerais
- Compartir, reforzar e profundizar na experiencia acumulada polos tres grupos.
- Poñer en marcha un espacio de traballo reflexivo e formativo contribuíndo á construcción dunha reflexión compartida.
- Promover e desenvolver correntes de solidaridade e de opinión sobre a educación dos nenos no mundo rural fráxil, a participación dos pais e o desenvolvemento local.
- Principios
- Producción permanente (grupos, Internet..)
- Proxecto non pechado: definición permanente ó mesmo tempo que obxectivos e estratexias (avanzando recuestionamento permanentemente o camiño faise ó andar.
- Reciprocidade.
- Efecto desmultiplicador (efecto bola de neve).
II OBXECTIVOS OPERATIVOS E RESULTADO ESPERADOS
Este programa organízase ó redor de catro modos de realización :
1. Formalización e perpetuación dunha rede
A aposta diste programa é a de construir, formalizar, extender e perpetuar unha rede de operadores, de investigadores, institucións ó redor das nocións de educación, de desenvolvemento local e de participación de pais no medio rural desfavorecido.
Esta construcción levarase a cabo en varias etapas :
- Construcción formal a partir de cambios na práctica, de coñecemento mútuo, de produccións comúns (construcción dunha solidaridadde e dunha interdependencia para o coñecemento mútuo e a participación de valores comúns).
- Creación dun espacio de autoformación entre as tres organizacións (competencia duns e doutros en transmitilo), asociando expertos universitarios, tanto a nivel de coordinadores como de operadores (profesionais e pais) do lugar (no cadro de visitas de preparación e seminarios).
- A ampliación desta rede a outros actores e organizacións en cada un dos paises ó redor destas preocupacións (activación de novos actores e profesionais nun movemento de cidadanía).
- Recoñecemento e validación para os poderes institucionais de cada un dos países (asociando parteners a nivel local e nacional).
Ó remate, a cuestión é construir un movemento solidario de actores, investigadores e institucións (dos tres países) ó redor de nocións sobreentendidas por esta acción para que ó final destes tres anos esta dinámica de rede poida proseguir e extenderse a outros paises. Poderemos apoiarnos noutras redes europeas coas que estivemos xa asociados para reactivalas, tal como ADELE (rede de comunidades educativas de Portugal, España, Francia e Escocia), a rede de cooperativas sociais e parentais (Grecia, Italia e Suecia), que será o punto de partida e unha plusvalía para o proceso de formalización e perpetuación.
2. Capitalización
Outra postura deste programa é a de capitalizar as experiencias adquiridas polos tres recursos, as prácticas e xestións así como as reflexións comúns producidas.
O obxectivo é producir en común o saber facer, saberes e elaborar elementos transmisibles en termos pedagóxicos.
A medida que pasa o tempo faranse recollidas das reflexións das estancias, cursillos, visitas e cambios.
Ademáis parécenos útil presentar baixo a forma de monográficos as fichas de experiencias locais que teñen como finalidade revalorizar as experiencias do entorno.
- Introducindo, para os actores implicados, unha revalorización deles mesmos que reforce o seu traballo aislado e pouco recoñecido .
- Introducindo a outros actores para coñecer outras iniciativas, como fonte de imaxinación e de futura capacidade.
3. Producción
Pensamos en varias produccións para o gran público tal como un CD ROM ou un sitio en internet, traballos, recollidas
que se determinarán en función dos elementos de capitalización producidos.
Estas produccións finais comprenderán á vez:
- Recollidas de práctica no terreo.
- Fichas de experiencias.
- Reflexións sobre a problemática e a posta en marcha da situación dos nenos e os seus pais no medio rural e a situación en cada un dos paises do proxecto.
- Un xeito de mellorala situación apoiándose tanto na formación dos cidadáns (pais e actores), como sobre unha dinámica de desenvolvemento local.
4. Mediatización
A mediatización estará presente ó longo de todo o programa, durante o cal estarán asociados tanto actores locais implicados en cada unha das organizacións (ICE, Acepp, Prescolar na Casa) ou de outras organizacións, como dos parteners institucionais. Durante cada actividade (estancias, seminarios, encontros) estarán pensados os tempos de comunicación (prensa, invitacións).
Ó finalizar este programa organizarase un gran foro mediático protagonizado polos países asociados, parteners, actores nacionais e locais, e os patrocinadores e pais implicados nas accións (isto por cada un dos países).
Ademáis pensamos invitar parteners doutros paises que traballan nestas cuestións co fin de ampliar a rede a outros paises.
|
|
|
ACTIVIDADES
III DESCRIPCIÓN DAS ACTIVIDADES
A acción será levada a cabo o longo de tres anos entre Portugal, Francia e España (Galicia). Comezou en xaneiro do 2004 para rematar en decembro do 2006.
Vaise descompoñer en seis actividades diferentes que concurren na realización dos obxectivos citados anteriormente e os resultados esperados:
1. Coordinación e dirección
Un grupo de coordinación e dirección comprende dúas ou tres persoas máximo de cada país (os coordinadores nacionais) constitúe o zócalo de esta acción global.
Obxectivos:
- Definir as estratexias de acción global.
- Determinar a organización de actividades e os temas de reflexión e de búsqueda común,
- Dirixir unha avaliación permanente do programa facendo regularmente o punto de avance de este e o seu eventual reaxuste.
Reuniranse á razón de catro días por ano (un día despois de cada seminario nunha sesión de dous días).
Un experto exterior á organización por cada un dos países reunirase para seguir esta acción.
2. Seminarios
Organizaranse 2 seminarios por ano, que serán organizados cada vez por un país.
Faranse seis seminarios nos tres anos; e cada país organizará dous seminarios.
Obxectivos:
- Un aspecto formativo (reflexión profunda sobre un tema, determinado polo comité de coordinación e/ou funcións de organización, analizar a partir de testimonios de operadores locais, confrontación de prácticas
).
- Un aspecto mediático (participación de parteners institucionais locais e nacionais).
- Un aspecto de diseminación (transmitir a ampliación dos contidos a outros actores doutros territorios).
Cada seminario tratará de reunir :
- Actores e operadores asociados ó proxecto do país.
- Parteners institucionais locais e nacionais.
- Universitarios e patrocinadores.
- Actores doutras organizacións.
Un tema por seminario será escollido e traballado.
Serán invitados coordinadores doutras dúas organizacións transnacionais.
3. Visitas
Unha xornada de visita consecutiva as dúas xornadas de seminario, será programada polos coordinadores nacionais dos tres países (co fin de reducir os costes de desplazamento ó estranxeiro).
Así, o país invitado ademáis da organización do seminario temático, organizará unha xornada sobre unha zona de intervención, facendo a demostración do seu traballo (prácticas sobre o terreo, realización, intervención, ...) e permitindo a discusión.
Obxectivos:
- Formación para a análise das experiencias.
- Capitalización.
4. Estancias de profesionais e de país.
Cada organización do programa (ICE, Preescolar na Casa e ACEPP) proponse organizar unha estancia, sobre o terreo, dos proxectos locais e ter como destinatarios os operadores doutras organizacións.
Cada organización invitará a operadores que traballarán os tres niveis de cada organización:
- un pai / un profesional da pequena infancia / un coordinador da Acepp
- un pai / un educador / un representante do ICE ou municipalidade polo ICE
- un pai / un orientador / un coordinador por Preescolar na Casa.
Os tres representantes reuniranse durante unha semana aproximadamente.
Teñen obrigación de producir un informe e encargarse de difundir os resultados a cada unha das súas estructuras (o grupo de coordinación fará unha ficha informe de avaliación).
Obxectivos:
- Formación
- Producción de coñecemento
- Capitalización.
5. Foro mediático
Ó final dos tres anos unha das estructuras organizará un gran foro para a difusión dos resultados. Reunirá:
- Membros de cada unha das estructuras.
- Dirixentes políticos e institucionais de cada un dos países.
- Outras organizacións ou movementos que traballan neste campo.
Obxectivos:
- Facer partícipes dos coñecementos ou resultados deste traballo.
- Abrir outra nova fase con outros paises (rede, mediatización).
6. Publicación permanente e final
O traballo en equipo e a búsqueda en común serán o obxecto dunha recopilación regular que será publicada. Pódese pensar de diferentes formas, dende agora nos pensamos en:
- Un CD Rom ou web
- Dossieres temáticos (producción regular)
- Unha publicación final
Obxectivos :
- Capitalización
- Producción
- Edición
- Difusión.
|
|
 |
 |
 |
|